jueves, 5 de agosto de 2010

Galicia 21


Galicia 21: Revista de Estudos Galegos Contemporáneos é unha revista académica especializada cofinanciada polo Centro de Estudos Galegos en Gales (Universidade de Bangor) e a Universidade de Cardiff. A revista, cuxos contidos son avaliados por un panel académico, pretende reunir propostas multidisciplinares xunto con aqueles temas de actual e crecente interese dentro do campo dos Estudos Galegos. A revista pon especial énfase nos debates sobre temas relacionados con esta disciplina en crecemento, e pretende fomentar as conexións con outros marcos e enfoques adxacentes (estudos ibéricos e linguas modernas, teoría literaria, literatura comparada, etc).
Dibujo Portada: Galicia 21, Issue B, Year 2010, Brassica barrelieri (L.) Janka. ISSN 2040-7181
http://www.galicia21journal.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario