jueves, 5 de agosto de 2010

Consello da Cultura Galega

Fundamentos e orixe
O Consello da Cultura Galega é unha institución estatutaria: a súa existencia vén determinada polo Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi creado, conforme prevé o artigo 32 deste, por Lei do Parlamento de Galicia (Lei 8/1983, do 8 de xullo). Réxese por esta Lei e mais polo Regulamento desta, aprobado pola Xunta de Galicia (Decreto 237/2000, do 29 de setembro).

Obxectivos
Cun carácter de órgano asesor e consultivo, con capacidade de iniciativa, investigación e organización, ó Consello compételle a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Está composto por representantes de entidades e por personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega.

http://consellodacultura.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario