jueves, 5 de agosto de 2010

Galicia 21


Galicia 21: Revista de Estudos Galegos Contemporáneos é unha revista académica especializada cofinanciada polo Centro de Estudos Galegos en Gales (Universidade de Bangor) e a Universidade de Cardiff. A revista, cuxos contidos son avaliados por un panel académico, pretende reunir propostas multidisciplinares xunto con aqueles temas de actual e crecente interese dentro do campo dos Estudos Galegos. A revista pon especial énfase nos debates sobre temas relacionados con esta disciplina en crecemento, e pretende fomentar as conexións con outros marcos e enfoques adxacentes (estudos ibéricos e linguas modernas, teoría literaria, literatura comparada, etc).
Dibujo Portada: Galicia 21, Issue B, Year 2010, Brassica barrelieri (L.) Janka. ISSN 2040-7181
http://www.galicia21journal.org/

PROGRAMA DE ESTUDIOS GALLEGOS Universidad de Santiago de Chile




En virtud de un convenio suscrito entre la Universidad de Santiago de Chile y la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia, IDEA implementó el Programa de Estudios Gallegos, a partir de 1998, con una Cátedra de Lengua y Cultura Gallegas, impartida semestralmente a estudiantes de la USACH. Paralelamente, se lleva a cabo en el Instituto de Estudios Avanzados, IDEA, un Curso de Lengua, Historia y Cultura Gallegas, para estudiantes externos y público en general.

ver más
http://web.usach.cl/idea/htm/gallegos.html

CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS PARA ESTRANXEIROS 23º ANO (2-30 XULLO 2010)

ORGANIZA:

XUNTA DE GALICIA
SECRETARÍA XERAL DEL POLÍTICA LINGÜÍSTICA
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
REAL ACADEMIA GALEGA

Director: Francisco Fernández Rei
Secretaria: Malores Villanueva Gesteir

Lectorados e centros de estudos galegos nas universidades

A posibilidade de estudar a lingua e a cultura de Galicia en Universidades de América, Asia, Europa e mesmo de Oceanía é unha realidade consolidada que leva contribuído de maneira fundamental á difusión exterior do galego, á investigación lingüística desde perspectivas moi diversas, e tamén ao prestixio da lingua entre os seus propios falantes, ao observar o interese e recoñecemento que posúe fóra.
REDE DE CENTROS DE ESTUDOS GALEGOS

* Alemaña
* Arxentina
* Brasil
* Chile
* Croacia
* Cuba
* España
* Estados Unidos
* Finlandia
* Francia
* Hungría
* Italia
* Irlanda
* México
* Polonia
* Portugal
* Reino Unido
* Rusia
* Uruguai


http://www.xunta.es/linguagalega/lectorados_de_universidades

Instituto da Lingua Galega

O Instituto da Lingua Galega é un centro de investigación lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. O labor investigador que desenvolve o ILG distribúese en varias seccións: Lexicografía, Xeografía lingüística e Dialectoloxía, Onomástica, Fonética, Gramática, Sociolingüística e Historia da lingua.

http://ilg.usc.es/

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades está encargado de promover, desenvolver e dar difusión a proxectos e programas galegos de estudos lin­güísticos, literarios, históricos e antropolóxicos.

http://www.cirp.es/

Consello da Cultura Galega

Fundamentos e orixe
O Consello da Cultura Galega é unha institución estatutaria: a súa existencia vén determinada polo Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi creado, conforme prevé o artigo 32 deste, por Lei do Parlamento de Galicia (Lei 8/1983, do 8 de xullo). Réxese por esta Lei e mais polo Regulamento desta, aprobado pola Xunta de Galicia (Decreto 237/2000, do 29 de setembro).

Obxectivos
Cun carácter de órgano asesor e consultivo, con capacidade de iniciativa, investigación e organización, ó Consello compételle a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Está composto por representantes de entidades e por personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega.

http://consellodacultura.org/

Asociación Internacional de Estudos Galegos

A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) é unha organización internacional académica independente que traballa para o asentamento e a visibilidade dos estudos galegos en todas as disciplinas académicas no mundo.

http://www.estudosgalegos.org/