martes, 3 de mayo de 2011

Galego na cidade de Vigo

Curso de verán de lingua e cultura galegas da Universidade de Vigo
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a quinta edición do curso de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros, que se desenvolverá entre os días 4 e 26 de xullo de 2011.
O curso conta con dous niveis, elemental e intermedio, e as sesións desenvolveranse na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
O prazo de preinscrición remata o 31 de maio. Se desexa consultar o texto completo da convocatoria, prema aquí.

Fonte: Consello da Cultura Galega

No hay comentarios:

Publicar un comentario