martes, 19 de abril de 2011

Real Academia Galega

web Real Academia Galega

Obxectivos da Real Academia Galega

A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudo da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego.

Son finalidades da Real Academia Galega:

* Establecer as normas referidas ao uso correcto da lingua galega, conforme o disposto na Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística, do Parlamento de Galicia, nomeadamente:
o A elaboración da norma gramatical, ortográfica e fónica.
o O inventario do léxico e a proposta dun dicionario de uso.
o A modernización e actualización do léxico.

* Estudar e propor a restauración da onomástica galega.
* Velar polos dereitos do idioma galego.
* Defender e promover o idioma galego.
* Asesorar os poderes públicos e institucións sobre temas relacionados co uso correcto da lingua e coa súa promoción social.
* Estudar e dar a coñecer o patrimonio literario e documental da institución.
* Decidir a personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario